400.000 traballadores alemáns da metalurxia, en folga por baixos salarios.

Preto de 400.000 traballadores da metalurxia de Alemaña e do sector da electricidade uníronse á folga que deu comezo o pasado xoves, 3 de maio, para protestar polos baixos salarios, informou o mércores o sindicato IG Metall.

O mércores xa 90.000 traballadores se declararon en folga. Entre as empresas afectadas atópanse BMW, Siemens e Bosch, sendo o estado sureño de Baviera, o que rexistra maior incidencia.

“Ata o momento, máis de 390.000 empregados en 1.600 empresas participaron nas folgas de advertencia”, segundo unha declaración de IG Metall, o sindicato máis grande de Europa, pois conta con máis de 2,2 millóns de afiliados.

O sindicato esixe un aumento salarial do 5,5 por cento este ano a 3,7 millóns de traballadores da metalurxia, distribuídos en diferentes ramas, desde o automóbil ata a electricidade.
[Fonte: LibreRed]