A unidade do movemento obreiro e sindical é unha necesidade histórica.

Pasar á ofensiva contra o capital, contra o Estado burgués e pola transformación revolucionaria da sociedade.

Tribuna Popular/FGV.- O pasado 25 de abril, Pedro Eusse, membro da Coordinación Nacional da Corrente Clasista de Traballadores e Traballadoras “Cruz Villegas” (CCT-CV), participou no Foro: “A división do movemento sindical”, organizado polo diario Últimas Noticias, onde precisou os elementos que teñen incidido na situación actual do movemento das e dos traballadores do país, así como as tarefas que deben realizar os dirixentes obreiros para profundar o proceso político venezolano.
 
Como referencia histórica, sinalou a participación do imperialismo estadounidense na política de Acción Democrática de promover a división da Confederación de Traballadores de Venezuela (CTV) en 1963, como unha política en favor dos intereses dos capitais transnacionais e, fundamentalmente, das corporacións petroleiras. Iso levou ás forzas que defendían o sindicalismo clasista e a independencia sindical á creación da Central Unitaria de Traballadores de Venezuela (CUTV) e outras federacións.

Para o tamén Membro do Buró Político do PCV, “cando a ideoloxía burguesa, dos explotadores, introdúcese ao interior do movemento dos traballadores, traballa a división desde dentro (…) para impoñer a súa hexemonía”, desde alí opera a causa fundamental da falta de unidade do movemento sindical venezolano.

“Hai tendencias sindicais reformistas que se colocan ao servizo do capital privado, traballan para que o sindicalismo responda aos intereses dos patróns, corrompen ao movemento, destrúeno desde dentro. Pero tamén hai tendencias sindicais reformistas, de tipo oficialista, que responden ao anterior”, indicou Eusse.

De acordo a iso, un movemento sindical que defenda os intereses da patronal, sexa pública ou privada, ou que resulte das políticas de calquera goberno reformista, pequenoburgués ou da burguesía, “non está en condicións de promover a unidade da clase traballadora para que ela se converta en clase dirixente da sociedade”.

A clase social revolucionaria.

Durante o foro, Pedro Eusse recalcou o obxectivo primordial da loita pola unidade do movemento sindical, a cal debe ser impulsada “cun programa de loita propio da clase traballadora, que responda non só aos obxectivos económicos e sociais inmediatos: condicións de traballo, salario; senón ao obxectivo de que a clase traballadora dea a pelexa pola destrución do sistema capitalista, por desmontar ao Estado burgués”.

Con base neste principio, a Corrente Clasista “Cruz Villegas” loita diariamente para defender o rol que lle corresponde á clase obreira de exercer a crítica e mobilizarse para que “efectivamente os cambios que se están a producir en Venezuela sirvan para transformar revolucionariamente a sociedade, non só para cambiar a superestructura, sen afectar a estrutura económica, sen cambiar as relacións sociais de produción”.

Con respecto ás transformacións da sociedade venezolana, precisou que os únicos interesados en superar o rendismo, a dependencia e o carácter mono-exportador e multi-importador do país, son as e os traballadores. Asegurou que son eles quen deben protagonizar a loita por construír un modelo económico produtivo, que asegure a plena soberanía e independencia nacional, non ao servizo das transnacionais senón do proxecto de liberación nacional e do Socialismo. Por iso, indicou que aqueles sectores que non desexan a superación destas condicións económicas actuais, son os mesmos que traballan por crebar a unidade do movemento obreiro e sindical.

Fronte Unitario de Loita.

Eusse tamén precisou a necesidade de “recuperar e facer verdade os principios do sindicalismo clasista e o máis importante é a independencia fronte á patronal, ao Estado e aos partidos burgueses e pequenoburgueses”, combater aos sectores alleos ao movemento dos traballadores.

Para o dirixente, a unidade do movemento dos traballadores rómpese cando este perde a súa independencia e autonomía, é aí cando outros sectores non se senten expresados e conforman outras organizacións laborais.

Malia o difícil de acadar a unidade plena de todas as organizacións sindicais nestes momentos, indicou Eusse, faise necesario o traballo por unir aos sectores que teñen maiores coincidencias no programa de loita revolucionario. Por iso, propuxo a conformación da “Fronte Unitaria de todos os sectores clasistas, sindicatos afiliados a calquera Confederación, os Consellos Socialistas de Traballadores e Traballadoras auténticos -non os instrumentos creados polos patronos-, as e os Delegados de Prevención -un exército de defensa da saúde e a vida-“.

Esta forza organizada do movemento obreiro e sindical servirá para a defensa dos intereses da clase obreira e o pobo traballador, e “pasar á ofensiva contra o capital, contra o Estado burgués e pola transformación revolucionaria da sociedade”.

Así mesmo, este movemento debe traballar para asegurar a independencia, a autonomía e o exercicio dunha “democracia real e participativa ao interno das organizacións” de traballadores e traballadoras, “non é só elixir aos directivos, senón participar nos exercicios de toma de decisións no cotián”. De acordo a Eusse, o anterior terá que producir “transformacións profundas no movemento”.

Consellos de Traballadores.

Pedro Eusse indicou que xa se conformaron moitos Consellos de Traballadores e Traballadoras a nivel nacional, uns patronais e outros auténticos provintes do propio movemento das e os traballadores. Con todo, denunciou que moitos dos voceiros e voceiras destes Consellos son perseguidos e acosados polos patróns, polo que é necesario que se renove a discusión do instrumento legal que os protexa.

Lembrou que existe unha proposta de lei sobre este tema, redactada pola Corrente Clasista, o PCV e varias organizacións sindicais. Esta proposta foi presentada ante a Asemblea Nacional no 2007, polo que fixo o chamado á mobilización e loita para a aprobación desta Lei, a cal debe expresar “os intereses das e dos traballadores e non da burocracia”.

Accións unitarias históricas.

Pedro Eusse lembrou algunhas accións unitarias históricas impulsadas polo movemento comunista venezolano, resaltando a elaboración e defensa da Lei Orgánica de Prevención, Condicións e Medio Ambiente do Traballo (LOPCYMAT), promulgada en 1986, onde participaron grandes cadros comunistas como Pedro Ortega Díaz, Emigdio Cañizales Guedez e Pedro Abarca, xunto á CUTV en pleno.

Tamén mencionou as xornadas de loita contra as privatizacións das empresas básicas, en tempos do neoliberalismo no noso país; a loita polo Seguro Social, co fin de evitar a privatización das pensións. Todo iso atopábase nos plans económicos de Carlos Andrés Pérez e Rafael Caldera, pero foi paralizado a tempo cando Hugo Chávez chega ao goberno.

A aposta pola Unidade.

“Hai unha unidade de acción política de feito, aínda que non a queiramos ver así. A UNETE e a CBST estamos por que este proceso se preserve, coas súas diferenzas. Ten que haber algún momento en que ambas centrais se poñan de acordo, e outros sectores, para a defensa do proceso que está ameazado por unha estratexia intervencionista do imperialismo estadounidense, pero iso non resolve o problema da unidade da clase.

Esa unidade debémola construír nas bases, nos centros de traballo, nos sindicatos de base. E o primeiro é o recoñecemento de que os sindicatos son organizacións unitarias e amplas (…) son para todos os traballadores. Defendamos ese carácter amplo e unitario dos sindicatos e avanzaremos en boas condicións”.

[Fonte: Tribuna Popular]
-Traducido por FORXA!-