Aniversario de Karl Marx [Grover Furr]

Hoxe é o aniversario do nacemento de Karl Marx.

Marx naceu o 5 de maio de 1918 en Trier, Alemaña. Xunto co seu amigo e asociado Friedrich Engels, Marx inaugurou o moderno movemento comunista.

Marx é o máis grande filósofo –economista, teórico, pensador- do moderno movemento por unha sociedade igualitaria dirixida por e para os produtores de todo o valor, a clase obreira.

Considero que o mellor xeito que temos de conmemorar esta data é tentarmos continuar os seus pasos e edificar o movemento que el encetou, un movemento pola xustiza e igualdade para todas as clases traballadoras.

Temos un longo camiño por percorrermos. Mais temos grandes predecesores, grandes devanceiros, neste movemento. E Marx é un dos máis grandes.

Cumpre pensar en Marx todos os días e, especialmente, hoxe, cando se cumpren 195 anos do seu nacemento.
 
Grover Furr
 
[Fonte: Aqueloutras]