Coa URSS estabamos mellor, din en Rusia.

A imaxe do líder Bolxevique, Vladimir Lenin, mellorou entre os rusos desde a contrarrevolución da Perestroika, segundo os resultados dunha enquisa do Centro Levada a cal evidencia que o Pai da independencia rusa xa non é visto como “un ditador senón como un “gran pensador e visionario”. 
“O feito de que a imaxe de Lenin en Rusia mellore un pouco nos últimos 20 anos, en comparación cos primeiros anos tras a caída do réxime soviético, explícase, en primeiro lugar, polo fracaso das esperanzas que depositou a xente nos “cambios democráticos, especialmente, no social e económico”, afirmou o politólogo, Vladimir Sidov, quen puntualizou que os rusos botan de menos o “luminoso pasado soviético”, especialmente se se ten en conta que na URSS os cidadáns realmente non tiñan que preocuparse pola educación, o traballo e a asistencia médica. Todo isto estaba garantido polo Estado, lembrou o experto nunha entrevista para a axencia RIA Novosti.

Entón, unha vez máis, Lenin vólveo facer.
[Fonte: OFICIO ROJO]