Partidos comunistas preparan Encontro Internacional.

O Grupo de Traballo (GT) do Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros (EIPCO) realizou, o pasado 11 de maio en Lisboa, unha reunión preparatoria do 15º EIPCO, que terá lugar en Portugal, o próximo mes de novembro.


O Grupo de Traballo analizou varios aspectos relativos á preparación do 15º Encontro Internacional, resaltando a importancia de que se realice en Europa, nun contexto de profunda crise do capitalismo e da Unión Europea, e en particular en Portugal que é escenario de intensas loitas dos traballadores e do pobo.

Así mesmo, o Grupo de Traballo falou dos preparativos do 15º Encontro Internacional e chamou á máis ampla participación de todos os Partidos Comunistas e Obreiros integrantes deste proceso, para que esta edición dos Encontros (que se realizan anualmente) poida constituír un importante momento de intercambio de experiencias e de definición de liñas de acción común ou converxente, con miras na defensa dos intereses e aspiracións dos traballadores e dos pobos, e a loita pola xustiza social, o progreso, a paz e o Socialismo.

O 15º Encontro Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros, que terá como organización anfitriona ao Partido Comunista Portugués (PCP), realizarase na cidade de Lisboa, do 8 ao 10 de novembro.

Esta décimo quinta edición, ergue a consigna: “A profundización da crise do capitalismo, o papel da clase obreira e as tarefas dos comunistas na loita polos dereitos dos traballadores e dos pobos. A ofensiva do imperialismo, o realiñamento de forzas no plano internacional, a cuestión nacional, a emancipación de clase e a loita polo Socialismo”.

O Grupo de Traballo deu a coñecer sobre o programa de conmemoracións do centenario de Álvaro Cunhal e que o PCP enviará invitacións ás delegacións presentes no 15º EIPCO para asistir ao acto de masas conmemorativo que se realizará o 10 de novembro, data do centenario desta destacada personalidade do movemento comunista e revolucionario internacional.

Nun intercambio de informacións e opinións sobre a situación no plano internacional, os Partidos participantes nesta reunión expresaron a súa solidariedade cos traballadores portugueses, en xeral cos traballadores do continente europeo que se ven enfrontados a unha espiral de crise económica e ataques a dereitos económicos e sociais, á soberanía dos pobos e á democracia, con efectos devastadores no plano social.

O Grupo de Traballo opina que a situación no continente europeo mostra, de forma moi evidente, a real natureza e obxectivos do proceso de integración capitalista en Europa “a Unión Europea”, que cada vez máis se confirma como un polo de natureza imperialista.

Sobre a situación no Medio Oriente, expresouse gran preocupación, en función dos grandes perigos dunha xeneralización de conflitos militares na rexión.

O Grupo de Traballo dos Encontros Internacionais expresaron a súa máis enérxica condena aos recentes ataques israelitas contra Siria e alertan de que pode formar parte dunha operación de agresión a longa escala contra Siria, pola alianza entre a OTAN e o Consello de Cooperación do Golfo.

Neste sentido, denunciáronse as manobras de inxerencia e instigación externa ao conflito sirio, polo que se reafirmou a solidariedade para co pobo sirio e a súa loita polos seus dereitos económicos, sociais e políticos, así como pola defensa da soberanía e integridade territorial da súa patria.

Reiterando a defensa do dereito de todos os pobos a organizarse para defender os seus dereitos e para decidir o seu propio destino, os participantes da reunión fixeron un chamado aos traballadores e aos pobos de todo o mundo para que se mobilicen e loiten pola paz no Medio Oriente, contra as ameazas e agresións imperialistas, sobre todo contra Siria, Líbano e Irán, e en solidariedade co pobo palestino.

O Grupo de Traballo reafirmou a solidariedade cos procesos de loita en curso en diversos continentes, como en América Latina, contra a ofensiva imperialista, polo progreso, a independencia e soberanía, a paz, polo dereito ao desenvolvemento e pola construción de alternativas ao dominio hexemónico do imperialismo.

Neste sentido, expresouse a firme solidariedade co pobo cubano e a súa revolución socialista e reafirmouse o compromiso de proseguir a loita pola total liberación dos cinco patriotas cubanos.

Tamén se expresou a firme solidariedade co pobo venezolano e as súas forzas sociais e políticas que resisten os intentos -protagonizados pola dereita e extrema dereita reaccionarias e golpistas co apoio do imperialismo- de poñer en dúbida a vontade popular de continuar e profundar a revolución bolivariana, o que foi expresado nas eleccións do 14 de abril.

Expresouse a preocupación que xeran os recentes desenvolvementos na zona do extremo oriente e pacífico sur, e faise un chamado de atención sobre os perigos que conleva o proceso de militarización do pacífico sur conducido polo imperialismo norteamericano, factor inestabilidade incrementada indisolúbelmente da máis recente crise na península coreana.

Son de resaltar os perigos que se corren coa simultánea profundización da crise do capitalismo e a intensificación da ofensiva imperialista, polo que o Grupo de Traballo dos Encontros Internacionais de Partidos Comunistas e Obreiros fixeron un chamado ao desenvolvemento da loita dos traballadores e os pobos.

[Fonte: Tribuna Popular]
-Traducido por FORXA!-