90 anos da morte dun revolucionario: V.I.U.Lenin.

Vladimir Ilich Ulyanov falecía en Gorki ás 19:00 do 21 de xaneiro de 1924. O altísimo ritmo de traballo nos momentos máis cruciais da historia rusa pasaran factura na saúde de Lenin. As xornadas de traballo interminábeis, o estrés, o insomnio e as dores de cabeza acompañárono naqueles momentos nos que dirixiu Rusia. Pero o que máis afectou ao seu saúde, foi a bala que tiña aloxada no pescozo dende o atentado que sufriu en 1918.
Dende 1921 aloxábase nunha dacha en Gorki. Dende alí podía levar unha vida máis sosegada, aínda que xamais se desentendeu dos seus labores de Estado. O seu estado foi empeorando. Así, chegaría ata o 21 de xaneiro de 1924.
A noticia conmocionou a toda Rusia. Miles de persoas querían darlle o último adeus. Naqueles dolorosos días, miles de traballadores pediron a afiliación ao Partido de Lenin. Nas empresas producíanse paros curtos en sinal de dó e respecto, mentres os traballadores prometían seguir fieis a Lenin. Os mitins para recordar a Vladimir sucedíanse en todas as poboacións rusas, e ata nos países capitalistas os traballadores e sindicatos organizaron reunións para lembrar ao revolucionario que acababa de falecer. O Comité Central do Partido Comunista de Rusia aprobaba a seguinte resolución:
"Para todo o Partido e para todos os traballadores:
O 21 de xaneiro terminou a vida do camarada Lenin.
Un home que fundou o noso Partido de aceiro, que o construíu ano tras ano, dirixiuno baixo os golpes do tsarismo, o foi adestrando e templando nunha loita furiosa contra os inimigos da clase obreira. Baixo o seu liderado caeron mortos os bolxeviques que combateron en 1905. Retirado pola reacción tsarista, continuou loitando á vangarda da loita contra a autocracia, logrou expoñer e romper a dominación ideolóxica dos menxeviques e os eseristas. Morreron na batalla polo liderado do noso Partido, envoltos en pólvora, a man poderosa izou a bandeira roxa de Outubro por todo o país, varreron a resistencia do inimigo adoptando a disciplina de traballo da época tsarista.
Morreu o fundador da Internacional Comunista, o líder do comunismo mundial, o amor e o orgullo do proletariado internacional, a bandeira dos oprimidos, a cabeza do Estado dos obreiros de Rusia.
Dende Marx, nunca antes na historia houbo unha figura tan xigantesca como o noso defunto líder, mestre e amigo. Todo o que está na clase obreira grande e heroica; valente, de aceiro, terco, con vontade indomábel, o odio á escravitude e á opresión, a paixón revolucionaria que move as montañas, a fe ilimitada no poder creador das masas, o xenio da organización... Todo iso está plasmado en Lenin, cuxo nome transformouse en símbolo de novo mundo, de Norte a Sur e de Leste a Oeste.
Lenin puido predicir inmensas fracturas históricas e ao mesmo tempo ter en conta o uso de cada pequeno detalle. Sabía cando atacar encarnizadamente e cando retirarse para preparar unha nova ofensiva. Sabía que non hai fórmulas conxeladas. Era un líder nato do exército proletario, un xenio da clase obreira.
Ao tesouro do marxismo, Lenin fixo non poucas contribucións. A doutrina do poder obreiro, a alianza entre obreiros e campesiños, a cuestión nacional e colonial e finalmente as súas ensinanzas sobre o papel e a natureza do Partido. Toda a súa vida, desde o seu inicio ata o último alento consciente, dedicoulla á clase obreira. Nunca houbo un home tan dedicado a esa causa. Xamais houbo unha persoa cun sentido da responsabilidade como o que tivo el. A súa sede de traballo imparábel acabou para sempre con este corpo e coa vida do noso Ilich.
Pero a morte física neste caso non supón a morte. Lenin vive en cada alma de cada militante do noso Partido. Cada militante do noso Partido é unha parte de Lenin. Todo o noso Partido é a encarnación colectiva de Lenin.
Lenin vive no corazón de cada traballador honesto
Lenin vive no corazón de cada pobre campesiño
Lenin vive nos millóns de escravos coloniais
Lenin vive no odio ao leninismo, ao comunismo e ao bolxevismo por parte dos nosos inimigos.
Foise do noso lado para sempre o noso compañeiro incomparábel. Seguimos sen medo. Deixen que os nosos inimigos se aleden da nosa perda. Eles non saben o que é o noso Partido. Cren que o noso Partido se derrubará, pero seguirá adiante porque foi forxado co ferro leninista, porque foi adestrado na batalla e por todo o que Lenin os ensinou.
Estamos co pé firme na terra, o único país rexido polos traballadores que mira audazmente cara ao futuro. Enfrontámonos a un combate contra o capital e non hai poder na terra capaz de impedir a nosa vitoria final. Esta vitoria é a mellor homenaxe ao camarada Lenin, ao amigo Ilich.
Viva a vitoria do noso Partido!
Viva a clase obreira!


 
Miles de traballadores despediron ao líder da Revolución de Outubro