A teoría leninista sobre o imperialismo guía a loita dos comunistas

Algunhas cuestións sobre a obra de Lenin "O imperialismo fase superior do capitalismo” no seu 100 aniversario.

[Artigo de Giorgos Marino, membro do PB do CC do Partido Comunista de Grecia (KKE), para o Machete, Revista Teórica e Política do Partido Comunista de México]



Cada día confírmase que a complexidade dos desenvolvementos económicos e políticos a nivel internacional e nacional require un intento moi serio e sistemático de desenvolvemento do traballo teórico por cada partido comunista e a formación dunha infraestrutura forte que terá a capacidade de apoia a loita ideolóxica e política independente dos comunistas, a loita dentro dos sindicatos, do movemento obreiro e popular.

Unha tarefa estábel e permanente é estudar o desenvolvemento o sistema imperialista-capitalista e os seus elos, os estados capitalistas, a avaliación exacta da posición de cada país no sistema imperialista, para que a formulación da estratexia e a táctica revolucionaria sexa baseada nos datos reais e obxectivos  que resaltan que a nosa época é época de transición do capitalismo ao socialismo.

Os Partidos Comunistas teñen unha gran vantaxe, teñen nas súas mans a obra insubstituíbel de Marx – Engels - Lenin, teñen como guía a cosmovisión Marxista-Leninista.

Esta vantaxe valiosa ten que ver tamén coa obra de Lenin "O imperialismo-Fase superior do capitalismo” que foi escrita en 1916, dous anos despois do estalido da 1ª Guerra Mundial Imperialista, facendo uso dunha gran cantidade de datos sobre a traxectoria do capitalismo e as súas contradicións, os cambios provocados polo seu desenvolvemento. Especialmente os cambios producidos pola crise de 1873 na concentración do capital e a creación dunha unidade superior, do monopolio, resultando en conclusións científicas sobre o novo período do capitalismo, a súa fase imperialista.

Coa mesma precisión científica, Lenin estudou cuestións políticas que xorden e prestou atención á posición histórica do capitalismo, na súa última fase imperialista, ensinando a  vinculación necesaria da economía coa política, dando aos Partidos Comunistas e á clase obreira recursos preciosos.

Que é o imperialismo?

En primeiro lugar, o imperialismo é o capitalismo  na época histórica que  comezou a fins do século 19, principios do século 20 e de acordo coa definición breve dada por Lenin: "O imperialismo é a etapa monopolista do capitalismo" sinalando que esta definición non é suficiente para dar a súa esencia, o seu contido.

Na súa obra "O imperialismo, etapa superior de o capitalismo", Lenin deu unha definición completa, destacando as características económicas fundamentais, cinco (5) trazos:

“1) Concentración da produción e do capital, que alcanzou un tan alto grao de desenvolvemento, que crea monopolios que desempeñan un papel decisivo na vida económica.
2) Fusión do capital bancario co industrial e creación dunha oligarquía  financeira sobre a base deste capital financeiro.
3) Extremadamente gran importancia obtén a exportación de capital, a diferenza da exportación de mercadorías.
4) Establécense unións internacionais monopolistas dos capitalistas que dividen o mundo.
5) Terminou a división territorial do mundo entre as potencias capitalistas máis grandes. O imperialismo é o capitalismo na súa fase de desenvolvemento, que se formou a dominación dos monopolios e do capital financeiro, adquiriu gran importancia a exportación de capital, comezou a división do mundo polos trusts internacionais e rematou co reparto de todos os territorios da terra polos principais países capitalistas”.

Sobre o tema máis importante: que é o imperialismo? Hai un intenso conflito no Movemento Comunista. No marco do retroceso ideolóxico e da forte influencia de  percepcións burguesas e oportunistas, unha serie de Partidos Comunistas entenden o imperialismo (só) como a postura agresiva dos Estados Unidos, outros estados capitalistas contra outros estados con posición inferior no sistema imperialista-capitalista con medios económicos, políticos e militares.

Trátase dun problema moi serio que leva a Partidos Comunistas á incapacidade de analizar os desenvolvementos con datos reais xa que o sistema capitalista e as súas leis, na nova fase, superior, imperialista son tratados como un só elemento, como política exterior agresiva, de estados capitalistas poderosos que -como se di- conduce ao enfraquecemento ou á perda da soberanía dos estados máis pequenos, á perda da independencia.

Este enfoque, que non pode ver o sistema imperialista (capitalista) como un conxunto tendo como elos os estados capitalistas que non son "idénticos" non son "iguais", senón, debido á desigualdade e ao seu poder económico, militar e político teñen unha posición diferente -no sistema- na pirámide imperialista, non pode entender a cuestión fundamental, que os países capitalistas na época do imperialismo, que teñen unha base económica monopólica, se atopan na etapa imperialista.

Isto non quere dicir que Grecia é o mesmo con Alemaña, nin que México é o  mesmo cos EE.UU. Tampouco significa identificación de obxectivos políticos, de cada estado e alianza capitalista e que cancela manobras, compromisos que se poden facer nun ou noutro momento histórico, sempre cun obxectivo permanente que é a promoción dos intereses dos monopolios.

A desigualdade capitalista e a desigualdade nas relacións económico-políticas son leis básicas do capitalismo e cada estado burgués  serve aos intereses dos monopolios desde unha tal posición máis forte, superior ou inferior.

Ademais, a propia burguesía elixe o camiño de cesión de dereitos de soberanía; por exemplo, nunha alianza imperialista, á UE ou á OTAN, ou mesmo ás relacións interestatais para salvagardar os seus intereses xerais de clase, para atopar apoios e perpetuar o seu poder. Así que as "cuestións de soberanía" teñen unha base de clase e a súa eliminación está vinculada coa eliminación das causas que as xeran, co derrocamento do poder burgués.    

A identificación do imperialismo (só) coa política exterior agresiva  dos estados capitalistas fortes e a desvinculación da política do económico (monopolio) conduce á separación profundamente errónea da loita antiimperialista de a loita anticapitalista.

Tamén conduce ao "embelecemento" do papel da burguesía de "estados máis pequenos".

O problema máis grave é o cambio do obxectivo dos Partidos Comunistas. En lugar da loita polo derrocamento do capitalismo -imperialismo entra a utópica procura de estratexias de recuperación da soberanía e independencia no marco do capitalismo, con formacións políticas transitorias, chamadas gobernos “de esquerda”, “progresistas” de xestión burguesa con consecuencias negativas no progreso da loita de clases e fortalecemento do campo capitalista.

O caso de estados de América Latina é característico e constitúe unha contribución importante na loita do Movemento Comunista a análise que fai o PC de México para revelar o dano causado polo chamado "progresismo" e o chamado "Socialismo do século 21", que se moven no marco do capitalismo, conservan o poder burgués, a propiedade capitalista dos medios de produción, a lei da ganancia dos monopolios, a anarquía capitalista que conduce ás crises.

Tendo en conta a gravidade do problema é extremadamente importante a advertencia de Lenin que sinala enfaticamente que: "Se as raíces económicas deste fenómeno (do imperialismo) non se entenden, se non se avalía a súa importancia política e social, non se pode dar paso no campo da solución das tarefas prácticas do movemento comunista".

En segundo lugar, Lenin, sobre a base da esencia económica e dos contrastes do imperialismo, estudou e revelou as súas características políticas, fundamentando que o imperialismo é a última fase do capitalismo, ao bordo da revolución socialista.

A importancia fundamental da socialización da produción e do traballo

Lenin sinalou (en 1916) que: "O capitalismo na súa etapa imperialista conduce directamente á socialización máis conxuntural da produción ... A produción vólvese social, pero a apropiación segue sendo individual ... Cando a gran empresa se volve enorme e organiza de forma planificada, segundo o cálculo preciso dunha gran cantidade de datos, a subministración de materia prima en dimensións de: 2/3 ou 3/4 da cantidade total necesaria para decenas de millóns de persoas. Cando se organiza sistematicamente o transporte desta materia prima aos puntos máis adecuados para a produción, que poden estar lonxe os uns dos outros centos e miles de quilómetros. Cando desde un centro  se dirixen todas as etapas de tratamento secuencial da materia prima até a produción dunha ampla gama de diferentes produtos finais. Cando a distribución destes produtos está baseada nun plan para decenas e centos de millóns de consumidores (venda de petróleo en Estados Unidos e Alemaña polo “Trust do Petróleo  dos Estados Unidos"). Entón, faise evidente que nos atopamos ante unha socialización da produción " (Obras completas, vol. 27, páxs. 327 e 432).

Sobre a base do anterior, vale a pena examinar a metodoloxía leninista concentrando o noso pensamento nos anos desde o 1916 até hoxe nos que os trazos da socialización da produción e do traballo multiplicáronse.

As tarefas políticas de os Partidos Comunistas

"O imperialismo é a antesala da revolución social do proletariado. Desde 1917 e en diante isto confirmouse en todo o mundo"
(do prólogo da versión en francés e alemán da obra de V. I. Lenin" O imperialismo, fase superior do capitalismo")

Cal é a cuestión chave que xustifica esta gran verdade e permite aos Partidos Comunistas a dar un paso valente adiante, desbloquearse das decisións estratéxicas que non só non se confirmaron, senón que remiten a períodos históricos pasados, que a burguesía era a forza social de vangarda contra o feudalismo?

A Gran Revolución de Outubro mostra o camiño. É a revolución socialista a principios do século XX nun país agrario relativamente atrasado no que (con todo) creáronse as precondicións materiais para a construción da nova sociedade socialista.

A necesidade do socialismo hoxe está multiplicada xa que o capitalismo se desenvolveu moito e formou unha base económica (monopólica) forte, con infraestruturas de alto nivel, medios tecnolóxicos que permiten o aumento da produtividade do traballo.

Maduración das condicións materiais. Esta é a cuestión básica que resolveu o desenvolvemento do capitalismo na etapa imperialista e determina a natureza do noso tempo como tempo de transición do capitalismo ao socialismo.

O estudo dos desenvolvementos e o verdadeiro debate que tivo lugar no 19º Congreso do KKE (primavera de 2013) fundamentaron que Grecia está nunha posición intermedia na pirámide imperialista internacional, con dependencias da EE.UU. e a UE.

No programa do KKE, que foi aprobado no 19 Congreso dise que: "O pobo grego liberarase das cadeas da explotación capitalista e das unións imperialistas cando a clase obreira, cos seus aliados, leve a cabo a revolución socialista e avance á construción do socialismo-comunismo.

O obxectivo estratéxico do KKE é a conquista do poder obreiro revolucionario, é dicir, a ditadura do proletariado, para a construción socialista como fase inmatura da sociedade comunista.

O cambio revolucionario en Grecia será socialista".

O noso partido non se limita á necesidade do socialismo, senón sobre a base do estudo dos desenvolvementos económicos e sociais acentúa que o socialismo é a única alternativa, é necesario e moi actual.

Os problemas duradeiros e acentuados non resoltos que enfronta a clase obreira xorden do dominio, o fortalecemento e a expansión do capital monopolista en todos os sectores da economía e a vida social. É inaudita a acumulación de capital, é grande o aumento da produtividade do traballo.

O estalido da crise económica capitalista en 2008 puxo aínda máis en relevo a natureza historicamente excedida e brutal do sistema capitalista, a actualidade e a necesidade do socialismo, a necesidade de reagrupamento do movemento comunista internacional, da emancipación do movemento obreiro e popular.

Contribuíu á intensificación das desigualdades e das contradicións interimperialistas, en cambios á correlación de forzas e a reposicionamentos na pirámide imperialista internacional, á intensificación das  contradicións interimperialistas que son a base das guerras imperialistas.

O noso partido enfoca no fortalecemento do reagrupamento do movemento obreiro e na construción unha alianza popular-social que expresa os intereses da clase obreira, dos semiproletarios, dos autónomos e agricultores pobres, os mozos e as mulleres da clase obreira e as capas populares na loita contra os monopolios e a propiedade capitalista, contra a integración do país nas unións imperialistas, por exemplo, na UE e a OTAN.

No programa do KKE declárase que: "A agrupación da maioría da clase obreira co KKE e a atracción das seccións avanzadas dos sectores populares pasará por varias fases. O movemento obreiro, os movementos dos traballadores autónomos nas cidades e dos campesiños e a forma de expresión da súa alianza (a Alianza Popular) con obxectivos antimonopolistas-anticapitalistas, coa actividade de vangarda das forzas do KKE en condicións non revolucionarias, constitúen a primeira forma da creación dunha fronte obreira e popular revolucionaria en condicións revolucionarias".

"En condicións de situación revolucionaria, a fronte obreira e popular revolucionaria, utilizando todas as formas de actividade, pode converterse no centro do levantamento popular contra o poder capitalista....".

Sobre a descomposición do capitalismo

Da experiencia acumulada nos estados capitalistas confírmase a posición leninista sobre a descomposición do capitalismo na etapa imperialista. Os fenómenos de descomposición, escándalos, etc. proliferan, pero requírese atención xa que é obvio que a descomposición non conduce directamente ao derrocamento do capitalismo, o sistema defende por todos os medios ao seu poder. E por tanto fai falta intensificar os esforzos dos Partidos Comunistas para o fortalecemento da loita ideolóxica, política e de masas para a formación de conciencia de clase da clase obreira cunha estratexia que favoreza o desenvolvemento da loita antimonopólica-anticapitalista para que, nunha base forte se faga un esforzo sistemático de concentración e preparación de forzas obreiras e populares nunha dirección de ruptura e derrocamento.

Crítica de Lenin ao Renegado Kautsky

Na práctica, Lenin comprobou que a loita contra o oportunismo é un elemento esencial da loita contra o imperialismo - capitalismo, para o seu derrocamento.

Desde esta perspectiva, é moi importante revelar as posicións erróneas do renegado Kautsky que argumentou que: "O imperialismo é produto do capitalismo industrial altamente desenvolvido. Consiste na tendencia de cada nación industrial capitalista a incorporar ou a someter máis e máis extensas zonas rurais (enfatización por Kautsky ), independentemente das nacións que as inhabitan”.

A Primeira Guerra Mundial foi imperialista de ambos os lados, ao lado do ENTENTE (Inglaterra, Francia, Rusia, etc.) e da alianza de Alemaña, foi unha guerra entre dúas coalicións de estados capitalistas polo reparto territorial do mundo, e as posicións dos oportunistas desvinculaban a política da economía e vían ao imperialismo como política de anexión de territorios dos estados capitalistas poderosos.

Lenin acentuou que a definición de Kautsky “non serve absolutamente para nada, posto que é unilateral, é dicir arbitraria e destaca tan só o problema nacional (aínda que dá maior importancia, tanto en si como na súa relación co imperialismo), enlazándoo arbitraria e erroneamente só co capital industrial dos países que se anexionan a outras nacións, colocando en primeiro termo da mesma forma arbitraria e errónea, a anexión das rexións agrarias. O imperialismo é unha tendencia ás anexións: a iso redúcese a parte política da definición de  Kautsky”.

Posto que hai debate e conflito no movemento comunista, queremos sinalar que, por suposto, Lenin falou, a principios do século XX, dun pequeno grupo de países que tiña unha posición de liderado no mercado mundial grazas aos trusts, os carteis, as colonias, as relacións transnacionais de estados-acredores e estados-debedores.

Lenin mesmo, con todo, ensínanos que o capitalismo se desenvolve, a asimetría capitalista conduciu e conduce a cambios significativos na posición dos estados capitalistas no sistema imperialista.

Na práctica resulta que nas décadas anteriores, coa loita dos pobos e a contribución da Unión Soviética foi derrocado o réxime colonial e os países coloniais conquistaron a súa independencia estatal.

Tomando en conta esta realidade, cremos que o que expresa correctamente a movida no noso tempo pódese condensar na análise que acentúa que todos os Estados capitalistas, nos que se desenvolveu dende hai tempo o capitalismo monopolista, participan no sistema imperialista, existe unha interdependencia desigual e cada estado inflúe segundo o seu poder económico, político e militar, segundo o criterio da representación e promoción dos intereses " dos seus propios" monopolios.

Estes datos permítennos interpretar cun criterio de clase o papel de cada estado e alianza, permítennos situarnos sobre o papel da alianza de estados capitalistas, por exemplo da UE e dos BRICS, a postura por exemplo, de Rusia e China que cumpren a súa función, en nome dos monopolios rusos e chineses na competencia internacional cos Estados Unidos, a UE, Xapón e outros, polo control dos mercados e dos recursos naturais e moito máis hoxe en día polo gas natural, o petróleo, a enerxía.  

Conclusións

Cremos que é clave para os Partidos Comunistas o estudo dos desenvolvementos en base a todos os trazos (homoxéneos) Leninistas, e a elaboración da estratexia sobre a base da gran verdade que o imperialismo é o capitalismo en descomposición e a nosa época é a época de transición do capitalismo ao Socialismo.

Armados coa obra de Lenin podemos superar as dificultades e situarnos con principios ante as guerras imperialistas resultantes da agudización das contradicións e rivalidades interimperialistas e combater a presión das forzas burguesas e oportunistas que leva ao apoio dos intereses da burguesía "do noso país", desarmando á clase obreira, condenándoa a moverse "baixo bandeira allea", elixir imperialista ou alianza imperialista.

Estas anotacións non só teñen que ver coa postura dos comunistas ante a guerra imperialista, senón tamén coa súa postura de cara ás alianzas imperialistas e moitos outros temas da loita política.

Recentemente o KKE, situándose sobre o referendo en Gran Bretaña e a decisión sobre o BREXIT, refire que:

"O resultado demostra o descontento incrementado das forzas obreiras e populares cara á UE e as políticas antipopulares”, e subliña que este descontento debe liberarse das opcións de partes e forzas políticas da burguesía e obter características anticapitalistas radicais.

O resultado reflicte a frustración das expectativas, que dende hai anos cultivaban todos os partidos burgueses -tamén en Grecia- xunto cos grupos da UE, de que supostamente os pobos poderían prosperar dentro da UE.

A condena necesaria da alianza de lobos do capital, a UE, a loita pola liberación de cada país desta, para que sexan eficaces, deben estar conectados coa necesidade de derrocar o poder do capital, co poder obreiro-popular. A alianza social da clase obreira e doutros sectores populares, o reagrupamento e o fortalecemento do movemento comunista internacional é unha condición para abrir este camiño prometedor”.

Esta conclusión, esta dirección, realmente ilumina o camiño do derrocamento e non as posicións que están constantemente en busca de "pasos" e "niveis" no terreo do capitalismo, proxectando varios substitutos, pondo obstáculos na loita anticapitalista necesaria para o derrocamento da barbarie capitalista.

A experiencia do movemento comunista mostra que a independencia ideolóxica e organizativa  dos Partidos Comunistas é un principio de gran importancia, que cando é violada conduce a desviacións e mutacións oportunistas.

A independencia ideolóxica e organizativa con estratexia que responde as esixencias actuais da loita de clases na dirección da concentración de forzas para o derrocamento do capitalismo e non o atrapamento na lóxica das etapas intermedias de xestión do capitalismo son ferramentas moi importantes para a loita dos Partidos Comunistas e o reagrupamento do movemento comunista.


[Fonte: KKE]