CO CAPITALISMO NON HAI FUTURO.

TRABALLADORA, TRABALLADOR, DESEMPREGADO, PENSIONISTA, ESTUDANTE, AUTÓNOMO, INMIGRANTE, EMIGRANTE, LABREGA, MARIÑEIRO:


Vota comunista para rematar coa política criminal e bárbara do capital:

Escravitude laboral, destrución do emprego, dos dereitos básicos, das condicións de traballo e de vida, vivenda, luz, auga, saúde, alimentación, transporte, educación, xubilación digna.

Destrución acelerada do entorno medioambiental, desertización agraria e  industrial, emigración forzada.


Así xestionaron e seguirán xestionando o PP e o PSOE  a crise do capitalismo a favor dos grandes grupos monopolistas e en contra do pobo traballador.



A clase obreira non pode tampouco confiar en quen propoñen" reformar" e "mellorar" o Estado da burguesía nin a UE do capital, institucións ambas que son ferramentas nas mans dos monopolios.


Institucións que están aí para asegurar o máximo beneficio privado para uns poucos, mediante a explotación do pobo traballador, a violencia organizada contra a clase obreira, o terror e a guerra imperialista de rapina.

Non poderemos saír da crise capitalista sen rachar coa ditadura do capital. O capitalismo é a crise.

Ningún dereito será recuperado sen saír da UE imperialista que liquidou o noso rural, a nosa pesca, e mantén nunha prolongada agonía o noso naval.

Nada será recuperado sen saír da súa moeda única, sen saír da OTAN e destinar o xigantesco gasto militar a satisfacer as necesidades do pobo.

Loitemos por nacionalizar a banca e os grandes medios de produción e planificar a economía para satisfacer as necesidades da maioría traballadora.

Hai que unir todas as frontes de loita nunha Fronte única que, baixo un Programa obreiro e popular, loite de maneira sostida e unificada co obxectivo do Poder obreiro para construír unha sociedade sen amos nin escravos, de homes e mulleres libres: o Socialismo.

O voto comunista é a clase obreira votándose a si mesma, votando un programa que só a súa loita fará posíbel e que se corresponde cos seus intereses obxectivos.

Temos unha enorme forza: Somos a inmensa maioría, somos quen de parar a produción e non xerar nin un só euro de beneficios para os explotadores, somos quen producimos toda a riqueza existente.

Un mundo, unha Galiza sen traballadores e traballadoras é imposíbel, un mundo, unha Galiza sen explotadores é necesaria.

O voto coherente da clase obreira é o voto comunista.


Consulta o noso PROGRAMA.

Visita a nosa nova canle audiovisual.

Séguenos no facebook e no twitter

#TomaPartido