É un pracer
informar aos antigos seguidores e seguidoras da “Revista Dixital” que após máis de dous
anos e medio, aproximadamente, desde Comunistas da Galiza - PCPE decidimos
retomar a actividade deste blog.
FORXA é o nome do
voceiro oficial de Comunistas da Galiza-PCPE, do cal esta será a súa versión
dixital e en breve tamén haberá versión impresa.
Aínda que continuamos onde o deixamos, observaredes que estamos a facer
unha remodelación deste blog, pois debemos adecuar os "botóns" e apartados ás necesidades da nova
etapa.
Quen gustaba da
antiga “Revista Dixital”, sen dúbida atopará a “Revista FORXA” igual de
interesante, pois a liña editorial seguirá a ser a mesma que cando se cesou a
actividade a principios de 2014.
Sen máis, saúdos
comunistas aos antigos seguidores e seguidoras, e ao resto: Benvidos!
Podedes contactar connosco escribindo a: comunistasdagaliza@gmail.com