Sobre os acontecementos en Colombia.


Como é xa sabido, o domingo 2 de outubro celebrouse un plebiscito co obxectivo de ratificar o acordo de paz que foi asinado entre o goberno de Colombia e as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia-Exercito do Pobo (FARC-EP). A participación no plebiscito chegou ao 37% do censo electoral e o acordo de paz foi rexeitado con 50.2% dos votos.

O acordo, froito de 4 anos de negociacións en Oslo e na Habana, tivo o obxectivo de terminar o conflito armado que comezou en 1964, cando se fundaron as FARC-EP para responder á violencia desempeñada por parte do exército burgués contra a poboación rural de Marquetalia.[1] Mentres tanto, fora anunciado que o goberno exploraría as opcións para empezar o diálogo co Exercito de Liberación Nacional (ELN)outra organización guerrilleira importante do país.  

O masacre da “Unión Patriótica”

No pasado foran precedidos outros intentos de chegar á paz, coas negociacións e proceso de paz durante os anos 1982-1984 co goberno de Belisario Betancourt sendo os máis coñecidos. Devandito proceso resultou á formación da “Unión Patriótica”(UP) como partido político legal das FARC-EP e do Partido Comunista Colombiano (PCC). A UP foi suxeita a unha verdadeira matanza polo estado burgués e o paramilitarismo. Dentro dunha década foron asasinados máis de 5.000 membros e cadros da UP, entre eles dous candidatos presidenciais, 7 senadores, 13 congresistas, 11 alcaldes, 69 concelleiros, mentres miles de persoas tiveron que seguir o camiño do exilio político fuxindo ao estranxeiro.

Todos estes anos, os EE.UU, a Unión Europea (UE), outras forzas imperialistas apoiaron o estado burgués colombiano, ofrecendo de maneira xenerosa o seu apoio financeiro, militar e político. Os EEUU e a UE incluíron as FARC-EP no catálogo de organizacións terroristas e despois do falecemento de Raúl Reyes, cadro das FARC-EP, en 2008 no Ecuador, librouse unha verdadeira cazaría de bruxas en nivel internacional utilizando “datos” que se atoparon na computadora persoal de Raúl Reyes descuberta no campamento bombardeado das FARC-EP. Doutra banda, en apoio da loita das FARC-EP e do movemento popular do país sumáronse a maioría abafadora dos Partidos Comunistas de América Latina, entre outros, varias organizacións do movemento popular e da mocidade da rexión e de todo o globo.   

En relación co “Acordo da Habana”

O 23 de xuño de 2016 as FARC-EP e o goberno colombiano asinaron un cesamento de fogo definitivo e un acordo de desarmamento e o 24 de agosto foi anunciado o “Acordo Final para a Terminación do Conflito e a Construción dunha Paz Estábel e Duradeira” presentado para ratificarse no plebiscito. Durante os días 17-23 setembro as FARC-EP celebraron a súa 10a  Conferencia de Guerrilleiros que validou o acordo.

O acordo componse de acordos parciais agrupados en 6 capítulos. Prevese un proceso de desarmamento das FARC-EP en 22 “zonas veredais transitorias de normalización” e en 6 máis pequenos “puntos transitorios de normalización”, onde os guerrilleiros das FARC-EP concentraríanse para quedar por 6 meses e onde as súas armas individuais concentraríanse e desmantelaríanse baixo a xurisdición das Nacións Unidas. Ademais, dentro de 3 meses da aplicación dos acordos as FARC asumirían a obrigación de desmantelar o resto das armas almacenadas.

O acordo establece o monopolio do estado capitalista á violencia, a condena da loita revolucionaria, promociona o consenso social e a asimilación, recoñece a supremacía da clase capitalista e o seu estado e ao final socava a loita de clases.  

Por exemplo, o acordo dispón claramente que “O Goberno Nacional e as FARC-EP acordan …asegurar o monopolio lexítimo das forzas e do uso das armas por parte do Estado en todo o territorio”[2],unha frase que se repite con formacións parecidas en varios puntos do texto final. Ademais, nótase que “O Goberno Nacional e o novo movemento político que xurda do tránsito das FARC-EP á actividade política legal, comprométense a promover un Pacto Político Nacional e desde as rexións, cos partidos e movementos políticos, os gremios, as forzas vivas da Nación…”.[3]

O acordo non fai ningunha referencia a temas importantes como o oito bases militares dos EE.UU. no país, nin ao acontecemento significativo da firma do acordo entre Colombia e a OTAN o 25 de xuño de 2013, cando xa empezara o proceso de Diálogo para a Paz.   

O Partido Comunista de Grecia (KKE) e moitas organizacións de masas do movemento popular do noso país, desde hai décadas, foron solidarios coa loita do pobo colombiano e das FARC-EP. Rexeitaron categoricamente a caracterización das FARC-EP como organización terrorista e demandaron a súa exclusión da lista da UE para as organizacións terroristas e a abolición de dita lista.

KKE reclamou o recoñecemento das organizacións insurxentes FARC-EP e ELN como partes belixerantes, a liberación dos presos encarcerados na EE.UU., así como os máis de 7.500 presos políticos en Colombia, a restauración dos desaloxados. O KKE expresou a súa solidariedade multiforme coa loita do pobo colombiano por unha Colombia sen explotación do home polo home, para a paz con xustiza social. Para unha Nova Colombia onde se respectará a vontade e soberanía popular, sen fame e miseria, con traballo, aloxamento, saúde e educación para todos.

Enfrontámonos decisivamente con forzas burguesas e oportunistas que tentaron utilizar a situación en Colombia para arremeter contra a loita revolucionaria dos pobos.

As inmensas dificultades dunha loita prolongada, baixo condicións dunha correlación de forzas moi negativa, marcadas polas consecuencias da contrarrevolución e do retroceso temporal do movemento obreiro e revolucionario, pola crise na cal o movemento comunista internacional segue atopándose, son aparentes.

Son tamén evidentes os obstáculos e dificultades adicionais producidas do apoio xeneroso do imperialismo ao estado burgués de Colombia, da disposición de armamento de alta tecnoloxía, da intensificación da colaboración dos estados capitalistas e os seus mecanismos na rexión a través dunha rede densa de alianzas e organizacións interestatais.

As causas dos grandes problemas que experimenta o pobo colombiano, como a represión, a miseria e a pobreza, son intrínsecas no sistema capitalista, no poder dos monopolios, no estado burgués, nos partidos políticos burgueses e as súas políticas antipopulares. Todo isto seguirá sendo intacto despois do acordo.

O acordo non se valora baixo o criterio de se leva a un cambio das formas de loita ou non. É responsabilidade e obrigación de cada partido e movemento revolucionario o elixir a forma de loita adecuada en relación coas condicións e as esixencias da loita de clases no seu propio país. O criterio é se obriga o movemento popular do país en concesións graves,  inaceptábeis, ante a clase capitalista e o seu poder, que o desarmarán política e ideolóxicamente e de maneira obxectiva abrirán camiño a acontecementos que levarán á agudización da represión contra o movemento popular, ou á súa asimilación, ou a ambos simultaneamente.

Solidariedade internacionalista firme co movemento obreiro-popular de Colombia

A clase obreira, as capas populares de todos os países deben proxectar os seus propios intereses, as súas propias consignas e obxectivos de loita contra a dominación do capital e o seu poder, en confrontación co imperialismo, para o dereito de cada pobo de elixir o seu camiño de desenvolvemento.   

O seguimento atento dos acontecementos e a posición firme á beira do movemento obreiro-popular contra cada intento de utilizar devanditos acontecementos para a agudización das persecucións e da represión é imperativo. Expresamos a nosa firme solidariedade internacionalista coas loitas para os dereitos obreiros e populares, para unha Nova Colombia co pobo ao poder.


Artigo publicado en Rizospastis  o domingo 9 de outubro de 2016


[1]Para máis información: “Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia – Exercito do Pobo – 37 anos de batallas para a Nova Colombia”, Raúl Reyes, escrito en particular para a revista “Komunistiki Epitheorisi” órgano teórico e político do CC de KKE, vol.6/2001
[2]Acordo Final, p.70
[3]Acordo Final, p.72


Fonte: KKE
Tradución: Revista FORXA