Sobre a reunión do Consello Editorial da Revista Comunista Internacional.

O 11 de decembro de 2016 tivo lugar en Atenas a reunión do Consello Editorial da “Revista Comunista Internacional” (RCI).


Na reunión discutíronse asuntos relacionados co próximo 7º número da RCI que estará adicado ao 100 aniversario da Gran Revolución Socialista de Outubro, o acontecemento histórico do século XX que deixou a súa pegada no curso da humanidade e desencadeou o desenvolvemento do Movemento Comunista Internacional.

O Consello Editorial aprobou o artigo editorial que destaca entre outras cousas: “as ensinanzas da Revolución de Outubro guían a loita dos comunistas en todo o mundo, mesmo hoxendía, xa que os comunistas ven na gloria da Revolución de Outubro a realización da misión histórica da clase obreira. A Revolución de Outubro revela o papel insubstituíbel do axente principal de dirección da revolución socialista, o Partido Comunista, como partido de novo tipo, en comparación cos partidos socialdemócratas pactistas. A Revolución de Outubro, ademais, revela a forza do internacionalismo proletario.”

Á reunión asistiron os camaradas:

Camarada Marina Pilajeva, membro do CC do Partido Obreiro Húngaro e responsábel de Relacións Internacionais, en representación da revista "Szabadsag".

Camarada Ultan Gillen, membro do Comité Executivo Central do Partido dos Traballadores de Irlanda e editor da revista “Think left”.

Camarada Alberto Lombardo, membro do Buró Político do Partido Comunista, Italia.

Camarada Ainur Kurmanov, copresidente do Movemento Socialista de Kazajstán.

Camarada Pável Cabrera Branco, Primeiro Secretario do Comité Central do Partido Comunista de México, en representación da revista "O Comunista".

Camarada Ilya Ferberov, Secretario do Traballo Ideolóxico do CC do Partido Comunista Obreiro de Rusia, en representación da revista "Sovietski Soyuz" («Советский Союз»).

Camarada Marjan Kubik, representante da Sección de Relacións Internacionais do Novo Partido Comunista de Iugoslavia.

Camarada Alexis Dorta, responsábel do Comité Ideolóxico do PCPE, en representación da revista “Proposta Comunista”.
Camarada Kemal Okuyan, Primeiro Secretario do CC do Partido Comunista, Turquía, en representación da revista "Gelenek".

Camarada Tamila Yabrova, presidenta da Unión dos Comunistas de Ucraína e redactora principal da revista “Marxizm i sovremenost”.

Camarada Carolus Wimmer, membro do Buró Político e Secretario de Relacións Internacionais do Partido Comunista de Venezuela, en representación da revista "Debate Aberto".

Camarada Makis Papadopoulos, membro do CC e responsábel do Comité Ideolóxico do CC do KKE e o camarada Elisseos Vagenas, membro do CC do KKE e responsábel da Sección de Relacións Internacionais do CC do KKE, en representación da revista do KKE, “Revista Comunista”.

Os representantes dos Partidos Comunistas e Obreiros que participaron no Consello Editorial da RCI, reuníronse en Atenas, poucos días despois da gran folga xeral, e expresaron a súa solidariedade coa clase obreira de Grecia que a través da folga do 8 de decembro deu unha resposta masiva e militante contra os novos plans antipopulares do goberno SYRIZA-ANEL, da UE e do FMI.

Ao mesmo tempo, os representantes dos Partidos Comunistas e Obreiros denunciaron o anticomunismo e as medidas de represión contra as loitas populares, expresaron a súa solidariedade cos comunistas de Ucraína, coa Asociación de Paz de Turquía, que recentemente foi suspendida polas autoridades turcas, cos loitadores contra a privatización da terra que foron encarcerados en Kazajstán baixo a acusación de “incitar o odio nacional” e con todos os loitadores perseguidos en todo o mundo, que loitan contra a barbarie capitalista.

Expresaron o seu apoio coas actividades que organizará o PCOR en Rusia para o 100 aniversario da Gran Revolución Socialista de Outubro.

Os representantes dos Partidos Comunistas e Obreiros presentes no Consello Editorial da Revista Comunista Internacional envían un saúdo clasista e solidario á clase obreira venezolana e ao Partido Comunista de Venezuela (PCV), con motivo do 80 Aniversario da "Gran Folga Petroleira", iniciada o 14 de decembro de 1936.

Por último, os representantes dos partidos comunistas e obreiros que tomaron parte no Consello Editorial da RCI expresaron as súas condolencias aos comunistas e ao pobo de Cuba polo falecemento do líder da Revolución Cubana, Fidel Castro. A súa obra revolucionaria vivirá na memoria histórica dos pobos de todo o mundo, na loita contra a explotación capitalista, contra o imperialismo, na loita por unha nova sociedade xusta do socialismo-comunismo. Até a vitoria sempre.
Fonte: KKE
Tradución a galego: Comunistas da Galiza-PCPE