Solidariedade coa loita dos estibadores!!


Comunistas da Galiza-PCPE e os Colectivos da Mocidade Comunista (CMC), diante da convocatoria por parte do sindicato maioritario dos estibadores Coordinadora Estatal de los Trabajadores del Mar,  tamén convocada por CCOO, UGT, CIG e CGT, chamamos a todo o colectivo de traballadores e traballadoras portuarios e do mar a secundala e a toda a clase obreira a apoiar a súa loita.

Esta é unha mobilización contra a imposición dun novo sistema de organización laboral dos portos. Unha imposición á que nos levou a pertenza á Unión Europea. Unha imposición coa que o Goberno español quere ter contentas ás grandes multinacionais do transporte marítimo de mercadorías. Unha imposición que pretende borrar dun plumazo os dereitos que o digno colectivo dos Estibadores ganou tras décadas de loita ás súas costas.

Falamos dun colectivo de máis de 6000 estibadores nos portos españois. Un sector ao que o Capital internacional e nacional quere dar un golpe de morte abríndoo á privatización. A entrada das ETT no sector e o desregulamento  dos salarios son algunhas das primeiras consecuencias deste ataque frontal aos dereitos dos traballadores e traballadoras da estiba.

Só coa loita consecuente e organizada do colectivo, só cuns comités de empresa combativos e que canalicen as decisións adoptadas polas traballadoras e traballadores organizados en asembleas, este novo ataque á clase obreira pode ser derrotado. Sen as e os estibadores nada se move nos portos. Coa súa loita decidida non se vai a aprobar ningunha rebaixa dos seus dereitos afectando a miles de familias. Diante dun ataque desta magnitude, a resposta debe estar á altura do momento histórico.

Novamente demóstrase que nunca a clase obreira saíu beneficiada cando confiou nas promesas dos partidos burgueses, xa estean no goberno como na oposición. Ningún dos gobernos hoxe posíbeis no Parlamento español vai a cambiar este conflito no fundamental. Ao contrario, a Unión Europea seguirá coa súa apisonadora se non é freada pola maior das forzas que pode atopar: Unha clase obreira unida e organizada.

ESTIBADORES, NIN UN PASO ATRÁS!
NON É HORA DE ESPERAR, É HORA DE LOITAR!
SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES DA ESTIBA!