Atenas 9/2/2017
Oficina de prensa do CC do KKE
O primeiro ministro Alexis Tsipras optou por visitar
Ucraína nun período en que se impuxo en dito país un réxime que xurdiu través
dun golpe de estado, apoiado por EE.UU., a UE e a OTAN coa utilización incluso
de grupos fascistas.
A visita coincidiu coa
nova agudización da situación no sureste de Ucraína, co estalido dun
novo derramamento de sangue, co actual presidente P.Poroshenko e o seu goberno
reaccionario como os principais responsábeis diso.
Visitou Ucraína mentres que está en desenvolvemento o
xuízo farsa para prohibir ao Partido Comunista de Ucraína, mentres que están
sendo derrubados os monumentos soviéticos e antifascistas e os colaboradores
dos nazis están sendo postos de exemplo aos mozos como “patriotas”.
O réxime que visitou o señor Tsipras creou
“listas negras” dos seus opositores políticos, nas que se incluíron cadros do KKE, entre eles G.Lamproulis, deputado
e vicepresidente do parlamento grego, e S.Zarianopoulos, eurodeputado do KKE,
por ter demostrado na práctica o interese e a solidariedade do KKE co pobo de
Ucraína, que está sendo masacrado na rexión de Donbass.
As discusións sobre a cooperación, no marco da UE e da
OTAN, sobre acordos comerciais, demostran que a chamada “política exterior
multidimensional” do goberno SYRIZA-ANEL serve de xeito unidimensional os
intereses do capital, lonxe dos verdadeiros intereses dos pobos de Grecia e
Ucraína.
Fonte: KKE
Traducido ao galego por Comunistas da Galiza-PCPE