Pola defensa da estiba, nin un paso atrás!


Dende o Partido Comunista dos Pobos de España e os Colectivos da Mocidade Comunista, queremos alarmar do grave risco de desaparición que corre o colectivo de obreiros da Estiba.

A situación que se xerou, tras suspender a folga, fixo que o goberno gañe tempo e debilite o poder dos traballadores da Estiba, prometendo unha semana máis para negociar a cambio de suspender a folga.
Pero o principal problema é que non existe marxe para a negociación xa que a Unión Europea (UE) quere que se impoñan os seus ditados sexa como sexa e esixe ao goberno a cabeza dos estibadores mentres que impón unha multa de 134.000€/día ata que aproben o decreto. Quéreno todo, e todas as medidas e propostas que realicen irán nese camiño. O capitalismo, nesta etapa concreta, necesita destruír ao colectivo obreiro de estibadores, para incrementar os seus beneficios a costa do traballo. O decreto de liberalización total da estiba é a aniquilación de todos os dereitos laborais, a desregulación total mediante as ETT, desaparición dos convenios colectivos, e por tanto, a lei da xungla nos portos que tanto desexa a patronal e os monopolios da UE.

Como ben sinalaron algúns sindicatos da Estiba ao longo de todo o estado, non só nos xogamos os postos de traballo. Aínda que se consiga situar a unha pequena parte dos compañeiros nun posíbel acordo, calquera pacto irá no sentido de aniquilar á Estiba, a desaparición dos seus dereitos, un paso fundamental para destruír por completo o sector, sexa nun ano ou en tres.

Tombar o decreto imposto pola UE. A liberalización é igual á morte da Estiba.

É por iso que esta loita se mostra a vida ou morte, e só unha resposta firme e contundente poderá evitar que destrúan a Estiba. Hai que responder no sentido no que xa se están pronunciando varios sindicatos do sector: Folga Xeral até tombar o decreto e a liberalización, a través das asembleas de estibadores e Comités de Folga.

A situación é tan límite que só cabe golpear a través da folga xeral para poder deter o que parece xa inminente.

A Unión Europea, verdugo dos traballadores, xa conseguiu impor a liberalización total en países como Bélxica, Italia, Grecia, Portugal...,  demostrando que é un instrumento ao servizo dos monopolios e o gran capital. Debemos coordinar a resposta internacional xunto aos estibadores de Alemaña, Suecia ou Noruega, estibas que se están mobilizando e que se enfrontan ao mesmo problema, paralizando o sector cunha folga que golpee fortemente ao poder económico e os seus plans.

POLA DEFENSA DA ESTIBA, NIN UN PASO ATRÁS!
FOLGA XERAL CONTRA A LIBERALIZACIÓN E O DECRETO.
UNIÓN EUROPEA: VERDUGO DA CLASE OBREIRA E OS SEUS DEREITOS.
POLA SAÍDA DO EURO, A UE E OTAN!