O que hai detrás do conflito diplomático entre Venezuela e España.


O pasado 25 de xaneiro o Goberno de Venezuela decidiu expulsar ao embaixador español en defensa da súa soberanía e en concreto polas "continuas agresións e recorrentes actos de inxerencia nos asuntos internos”, en palabras de Maduro. Un día despois, a resposta de España foi de “reciprocidade” e nomearon ao embaixador venezolano persoa “non grata”. Toda esta tensión diplomática, catalogada pola prensa afín ao Goberno español como histórica e sen precedentes dende hai décadas, é unha resposta venezolana á “inxerencia imperialista” e sancións da Unión Europea a varios dirixentes do Goberno venezolano.

Pero, que hai detrás deste conflito diplomático? A UE e España buscan “democratizar” Venezuela? Poden España e a UE dar leccións de “democracia”? Que hai que saber máis alá de toda esta tensión?

Analicemos algúns datos para ir respondendo. A UE creouse para defender mellores cotas de mercado en todo o mundo para os monopolios europeos, buscar o máximo beneficio e favorecer a libre circulación de capital. Os gobernos da UE non son máis que gabinetes organizados para defender os intereses das empresas monopolísticas. Por que motivo ían defender a xustiza dos máis desfavorecidos en Venezuela? Obviamente non lles move este interese —só hai que analizar un pouco a Historia—, senón defender os intereses dos monopolios, das grandes empresas. Así a diplomacia da UE e dos países que a conforman responde á lóxica do imperialismo. Aquí hai que engadir os intereses dos EEUU, como potencia imperialista historicamente dominante, que segue intervindo directamente na rexión. Hai numerosos exemplos de vinculacións desta política imperialista, tanto da UE como dos EEUU. A axencia EFE faise eco do máis recente: Mike Pompeo, xefe da CIA e empresario armamentístico, recoñeceu que a “Axencia” estaba detrás das sancións de EEUU a Venezuela e buscaba “influír” na política venezolana. Ditas sancións son moi similares ás impostas pola UE e se sitúan na lóxica imperialista que mencionamos antes.

O Goberno español asume perfectamente esta liña política. Pouco lle importa a situación dos miles de españois que viven en devandito país. A diplomacia española debería asegurar o benestar colectivo e a soberanía do país. Aquí, é a o contrario, serve aos intereses dos monopolios e atácase a un goberno soberano.

Queda claro que o obxectivo do Estado Español, a UE e os EEUU non é “democratizar” Venezuela, senón impor un goberno títere que non cuestione políticas que atacan ao seu propio pobo. Nese marco se sitúa este conflito diplomático. As empresas dedicadas á comunicación apresuráronse a situar o conflito exclusivamente no diplomático, nunha saída de ton, pero é necesario ler entre liñas e buscar a verdade.

Álvaro Luque


[Fonte: Novo Rumbo #6]